Hotel Rolle
![Portada Hotel Rolle](https://i0.wp.com/www.iagoandina.eu/wp-content/uploads/2015/07/Hotel-Rolle-2015-07-09-10-43-25.png?resize=980%2C600&ssl=1)
Nesta ocasión, o traballo foi unha actualización da páxina, debido á antigüidade da anterior, que contaba cuns 3-4 anos de existencia. O obxectivo da web é mostrar as instalacións do Hotel Rolle, a súa situación privilexiada en Ribadeo, detallar os servizos que se ofrecen,… A páxina foi realizada con Joomla 3.4. O Hotel Rolle está rexentado por Xosé Carlos Rolle, e disfruta dunha situación inmellorable, a 100 metros do porto de Ribadeo e xusto ao lado da zona peatonal e comercial da vila. O Hotel é un hotel moderno, e polo tanto conta con tódalas comodidades, como aire acondicionado, caixa forte, nevera,… e todo en cada habitación do hotel.
Share This