Hotel Rolle

Portada Hotel Rolle

Nesta ocasión, o traballo foi unha actualización da páxina, debido á antigüidade da anterior, que contaba cuns 3-4 anos de existencia. O obxectivo da web é mostrar as instalacións do Hotel Rolle, a súa situación privilexiada en Ribadeo, detallar os servizos que se ofrecen,… A páxina foi realizada con Joomla 3.4. O Hotel Rolle está rexentado por Xosé Carlos Rolle, e disfruta dunha situación inmellorable, a 100 metros do porto de Ribadeo e xusto ao lado da zona peatonal e comercial da vila. O Hotel é un hotel moderno, e polo tanto conta con tódalas comodidades, como aire acondicionado, caixa forte, nevera,… e todo en cada habitación do hotel.

 

Logo Hotel Rolle

Deixa un comentario

PROTREM

Mostra do inicio de protrem.com

Primeiro traballo internacional. O obxectivo deste proxecto, era crear un portal para dar a coñecer, e proporcionar un método de contacto a esta empresa adicada ao mantemento e reparación de trens en Brasil. Con base en São Paulo, PROTREM realiza traballos para distintas redes de ferrocarril do país tropical, ofrecendo uns servizos avanzados tendo moi presente a innovación. Read More

Deixa un comentario

Granha & Eric

Este foi o meu debut profesional nas páxinas webs. O encargo esta vez foi o de facer un portal web para promocionar a dous artistas ribadenses. Read More

Deixa un comentario

EoGames

EoGames foi a miña primeira páxina web. Foi un proxecto como iniciación ao mundo do deseño e o desenrolo de webs, e un dos CMS máis empregados do mundo: Joomla!. Read More

Deixa un comentario

Debut co Ribadeo FC

Este sábado 9 de Agosto, fixen o meu debut co Ribadeo FC fronte ao Real Oviedo B. Saín na segunda metade para disputar os últimos 30 min. do encontro ocupando a posición de interior esquerdo.
Read More

Deixa un comentario