Por fin, logo de 6 anos aprobouse o .gal

Fai pouco tempo que estou desperto, e a primeira nova que recibo, é que o Icann (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) aprobou o nome de dominio .gal. Os dominios comezarán a venderse a finais deste ano ou principios de 2014, aínda que primeiro terán preferencia asociacións e institucións que traballen a prol do galego. Tamén se creará unha fundación que, cos cartos xerados polos novos dominios, se adicará a financiar proxectos que promovan o galego.

Desexando que chegue xa 2014. Grazas PuntoGal!!!

Share This

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.