#ÁnimoGalicia
Hoxe chegaba de adestrar co Ribadeo FC e o primeiro que vexo é a cobertura que estaban a facer os da TVG sobre o acontecido en Santiago. Unha desgraza que, ademáis, chega no día do meu santo, nun día de festa para Galicia e tamén de España, xa que Santiago Apóstol é o patrón de España. Desde aquí todo o que podo facer é dar o máis sinceiro pésame ás familias das víctimas, aínda que isto non vaia arranxar o ocorrido. O único que pido é que se investigue, e se faga xustiza e non pase en Galicia o que xa pasou en Valencia, con aquel accidente dunha liña de metro no que os culpables todavía seguen campando ás súas anchas. E #ÁnimoGalicia!!!
P.D.: A foto do artigo é da cola que se formou para doar sangue. Bravo pola solidaridade dos galegos!
Share This